Tuesday, November 29, 2011

Regresso de uma pista.

RETOUR D'UN REPÈRE | Unhas follas de árbores a contraluz, en picado, cun fondo de agua, tremen. Nalgún fotograma cóase o vermello do solpor reflectido na agua. Nalgúns planos a rama está máis cargada de follas que noutros. Cada fotograma é distinto, a pesar de que o que acabamos por ver sexa a ilusión dunha e a mesma rama tremendo sobre a agua. O punto de enfoque cambia continuamente de fotograma en fotograma: cando as follas están desenfocadas o lago tras elas enfócase, facéndose presente. Se o foco se centra nas follas a agua vólvese un fondo branco indistinto, con algún toque de vermello de vez en cando, que contrasta coa escuridade das follas (algunhas follas están na sombra, outras receben a luz do sol). Ben polo enfoque cambiante, ben polo movemento real das follas ao vendo, non hai dous fotogramas iguais (no rolo base, como veremos). Dentro desta variedade de enfoques apreciamos secuencias nas que distinguimos as mesmas follas como pixiladas ("animadas", ou cámara movéndose a saltos: imposíbel de dicir). Todo é unha construción fotograma a fotograma: a cámara perde protagonismo, non se move, non treme, porque a brevidade do fotograma non llo permite. (A. Pagán)| ROSE LOWDERwder)




  • rss
  • Del.icio.us
  • Digg
  • Twitter
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • Share this on Technorati
  • Post this to Myspace
  • Share this on Blinklist
  • Submit this to DesignFloat

0 pessoas foram obrigadas a comentar!: